viernes, 26 de abril de 2013

A Fase Final Masculina que se celebrará en Noia.

O Alonso Rodríguez acollerá na xornada matinal as dúas semifinais que enfrentan, por unha banda a Lancer Zenale San Sadurniño e CVP Comercial Durán (10.30 horas), e pola outra ao equipo local, o Fisioterapia Cinesia Noia, e Narón Volea (ás 12.00 horas). Como vén sendo habitual, xa pola tarde se decidirá o podio desta Primeira Fase, coa pelexa polo bronce prevista para as 16.30 horas e a final ás 18.00 horas.

Os equipos finalistas disputarán a Segunda Fase da Copa Galicia 2013 que comezará o vindeiro mes de setembro e na que entrarán xa en competición os equipos que participan nas ligas de carácter nacional.


Fuente: Federación Gallega de Voleibol

No hay comentarios: