jueves, 6 de junio de 2013

1º PROBA DO CIRCUITO DO CAMPIONATOD GALEGO DE VOLEI PRAIA SENIOR

 O Campionato Galego Senior de Volei Praia inicia a súa andaina coa celebración da súa primeira proba o vindeira fin de semana do 14 ao 16 de xuño en Ourense. O VIII Trofeo Cidade de Ourense, organizado polo Club Ourense Volei Praia e coa colaboración da Federación Galega de Voleibol, constitúe o punto de arranque dun circuíto galego que promete intensas emocións ao longo desta tempada. Todas as probas serán puntuables para o RNVP e clasificatorias para o Campionato de España de Volei Praia Senior.

No hay comentarios: