sábado, 14 de septiembre de 2013

Escuelas Deportivas Municipales 2013-2014

As Escolas Deportivas municipais botarán a andar o próximo 1 de outubro para dar cobertura ao deporte base de Pontevedra.

Durante esta temporada 2013-2014 funcionarán un total de 50 escolas (tendo en conta todos os horarios e especialidades) para acoller un máximo de 1.895 rapaces e rapazas.

As Escolas Deportivas Municipais están dirixidas a nenos/as de entre 4 e 14 anos. As persoas interesadas poden matricular aos seus fillos a partir do próximo luns, día 16, ata o remate deste mes de setembro, en horario de 9 a 13 horas e de 16.30 a 19.00 horas, no servizo de Portería do Pavillón Municipal dos Deportes.

O custo da matrícula é de 45 euros, algo que se consegue grazas á subvención de 50 euros por praza que outorga a Concellería de Deportes, que, ademais, cede as instalacións municipais para o desenvolvemento das escolas.


Fuente: IMD Pontevedra

No hay comentarios: