martes, 22 de octubre de 2013

Crónica Autonómica-FGVB- IGUALDADE E SORPRESAS NA SEGUNDA DIVISIÓN

O conxunto de Noia descansa na vindeira xornada, mentres que o Emevé Élide B repite en casa, recibindo ao CV Pontevedra Comercial Durán o domingo ás 12.00 horas.
Os pontevedreses acudirán ao pavillón lucense coa intención de mellorar os seus resultados e estrear o casilleiro de vitorias esta tempada, xa que o pasado fin de semana sumaban a súa segunda derrota consecutiva fronte o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo noutro dos partidos resoltos no cuarto set (24-26/18-25/25-21/15-25).
A loita foi especialmente igualda na primeira mangal dun partido que pasou por diferentes fases. O axustado 24-26 do parcial inicial desembocou nun dominio dos visitantes no segundo, firmando o dous a cero 18 a 25. Volverían á carga os lo Lérez no terceiro set, que esta vez caería do seu lado por 25 a 21, pero pouco duraría esta resposta local, xa que o cuarto finalizaba pola vía rápida 15 a 25.

No apartado feminino, o CV Pontevedra marcha en primeira posición tras sumar a súa segunda vitoria consecutiva o pasado sábado no Estadio da Xuventude. O 3 a 0 anotado polas pontevedresas ante o XAV Cambados, e os cómodos parciais dun encontro que foi das locais de principio a fin (25-14/25-15/25-20) as coloca na parte máis alta da táboa.
Na vindeira xornada o Comercial Durán visitará a cancha do Emevé Élide B, o domingo ás 12.00 horas na Casa do Deporte lucense.


No hay comentarios: