martes, 29 de octubre de 2013

Crónica Autonómica.-FGVB- O COMERCIAL DURÁN CONSERVA O LIDERATO DA SEGUNDA FEMININA CUNHA SUFRIDA VITORIA EN LUGO

Na cuarta xornada de liga, a Segunda División Feminina viviu varios encontros de intensidade que levan emoción á competición. Ademáis do derbi entre Galitrans Viajes Embajador UDC e Zalaeta B, que levaron as universitarias en tres igualados sets, foi especialmente interesante o choque entre Emevé B e CV Pontevedra Comercial Durán. O partido celebrado en Lugo chegou coa máxima intensidade ao tie break, no que ambos equipos tiveron alternativas, e finalmente foi o Comercial Durán o que sentenciou, conservando o liderato da Segunda Autonómica.

Senior Femenino

O Comercial Durán  que continúa no liderato da clasificación despois de superar ao Emevé B no partido máis axustado da xornada. A igualdade foi a tónica xeral dun choque entre dous equipos que amosaron en Lugo que poden ser firmes candidatos a loitar polo título da Segunda Autonómica.

Non houbo respiro ao longo do partido para ningún dos dous equipos, e aínda que o Comercial Durán se adiantaba nos dous primeiros sets, o ambiente de igualdade reflexado tamén nos axustados parciais de 23-25 e 24-26 fixo que non resultase sorprendente a remontada lucense, certificada no 26-24 do terceiro parcial primeiro e no 25-18 do cuarto despois. Tras un pequeno baixón das pontevedresas no cuarto set, a igualdade volveu con maior forza nun vibrante tie break que se resolveu cunha vantaxe mínima a favor do Comercial Durán (12-15).

Senior Masculino

Victoria sen concesións do Emevé B fronte o CV Pontevedra Comercial Durán, en tres sets moi claros (25-17/25-18/25-12). Aos do Lérez resísteselles a vitoria neste comezo de liga no que acumulan xa tres derrotas. 


No hay comentarios: