lunes, 31 de marzo de 2014

Fase Zonal Juvenil Femenina


O pasado sábado 29 de marzo celebrouse en Pontevedra a Fase Final Interzonal Xuvenil Feminina, da que saíron os nomes dos dous equipos que xogarán a Fase de Promoción á Liga Galega. O Dompa Gestión resultou vencedor desta eliminatoria e xunto ao outro finalista, o tamén ourensán Concepción Arenal, pelexará por unha praza na principal liga autonómica xuvenil o vindeiro 26 de abril.

  A primeira semifinal da Fase Interzonal, levouna o Concepción Arenal ante o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo. As rianxeiras acadaron a primeira vantaxe (25-17), pero as ourensás amosaron unha gran capacidade de reacción e deron a volta ao encontro, facéndose co primeiro billete da promoción nos seguintes tres sets (20-25, 18-25 e 21-25).
Acto seguido enfrontáronse no pavillón A Xunqueira 2 o equipo anfitrión, Pontevedra e Dompa Gestión. Tras un comezo disputado, no que o Dompa se facía co primeiro set (25-19) e o Pontevedra co segundo (25-21), o partido terminou por decantarse claramente do lado ourensán, con cómodos parciais de 25-11 e 25-15.
Así chegaba á xornada da tarde cos postos de ascenso ocupados xa polos finalistas, Dompa Gestión e Concepción Arenal, que se enfretaban nunha emocionante final para delimitar os cruces da vindeira Fase de Promoción. Comezou adiantándose o Concepción Arenal, cun 25-17 que saberían neutralizar as do Dompa co 15-25 do segundo set. A partir de aí, nun igualado desempate, prevalecería o xogo do conxunto de San Martiño que se facía coa primeira praza en dúas mangas máis (19-25 e 22-25).
A terceira posición foi para o Mexillón de Ouro Voleibol Rianxo que venceu en tres sets ao CV Pontevedra (25-23/25-11/30-28) na final de consolación.

 FUENTE: FGVB

 

No hay comentarios: