martes, 29 de abril de 2014

Nuestras infantiles A en el Campeonato Gallego

Os mellores equipos galegos da categoría infantil feminina disputarán o vindeiro xoves 1 de maio o Campionato Galego. AD Pinguela, Xuvenil de Teis, Alianza Española Seguros SA CVP e Liceo participan no play off polo título cun sistema de enfrontamento directo, que se celebrará en Monforte.
O campión da liga regular, o AD Pinguela, exercerá de anfitrión durante a Fase Final que terá lugar no pavillón monfortino do mesmo nome durante a xornada do xoves 1 de maio. Pola mañá terán lugar as semifinais, e na tarde do mesmo día xogarase o terceiro e cuarto posto e posteriormente a final.
As locais parten como favoritas tras rematar invictas a fase previa con maioría de partidos gañados en tres sets e tan só dous parciais en contra en toda a temapada. Precisamente o AD Pinguela será o encargado, xunto ao cuarto clasificado, o Liceo de abrir a competición, ás 10.00 horas do xoves.
Posteriormente enfrontaránse o segundo e terceiro clasificado, Xuvenil de Teis e CV Pontevedra, O equipo vigués rematou tan só un punto por enriba das pontevedresas, e a pesar de que en liga as de Teis gañaron os dous encontros, calquera cousa pode ocorrer na Fase Final entre dous equipos de forzas tan igualadas.
Os dous equipos clasificados pola mañá xogarán a gran final infantil feminina a partir das 19.00 horas, tras a puxa polo bronce prevista para as 17.00 horas.
O Campión Galego adquirirá o dereito a participar no Campionato de España por clubes que se celebrará do 21 ao 25 de maio en Castellón.
Fuente: FGVB
 

No hay comentarios: