miércoles, 26 de agosto de 2015

Curso de entrenador nivel I y II

Pontevedra será el lugar donde se celebre el curso para formar entrenadores en los niveles I y II. En el siguiente enlace encontraras toda la información para hacer tu inscripción en caso de estar interesado.
Las personas que lo hagan por mediación de nuestro club, contaran con un fabuloso descuento (ponerse en contacto con la directiva para informarse de las condiciones)
Un ano máis, a Federación Galega de Voleibol, a través da súa Escola Galega de Adestradores ofrece unha nova oportunidade formativa para aqueles que desexen adicarse á dirección de equipos nesta disciplina deportiva.
O vindeiro sábado 29 de agosto estaba previsto que comezasen os Curso de Adestradores Nivel I e II, que continuarán durante o mes de setembro, pero finalmente a data de inicio tivo que ser aprazada unha semana e arrincarán o vindeiro sábado 5 de setembro. A sede será finalmente o Estadio da Xuventude, na cidade de Pontevedra.
O obxectivo destes cursos é a formación de técnicos con futuro e progresión a través da divulgación dos coñecementos técnicos e tácticos necesarios para desempeñar o labor de Adestradores Territoriais Nivel I e Nivel II de voleibol, titulacións esixidas para dirixir equipos nas categorías infantil e cadete no primeiro caso e xuvenil e absoluta no ámbito Autonómico e Fases Nacionais de Segunda División, no segundo.
As clases impártense en xornadas intensivas de fin de semana, con dez horas lectivas os sábados (de 9.00 a 14.00, e de 16.00 a 21.00 horas), e oito os domingos (de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas), e contarán cun profesorado de dilatada experiencia neste campo, dende membros da Federación a adestradores de recoñecido prestixio tanto a nivel autonómico como nacional.
Os interesados poden facer efectiva a súa inscrición enviando un correo electrónico a correo@fgvb.es no que fagan constar os seus datos persoais (nome, apelidos, data nacemento, dni, enderezo, teléfono e e-mail) así como unha copia do pago do curso (a facer na conta da FGVb IBAN: ES71 0081 0499 6400 0137 8440), con importe de 75 euros para o Nivel I e 150 euros para o nivel II.

No hay comentarios: